Retirada unha árbore nunha estrada da parroquia de Cures, no concello de Boiro

04 Maio 2024

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 9.21 horas unha chamada alertando dunha árbore que obstaculizaba o tránsito na DP-1105, no lugar de Mieites (parroquia de Cures), no concello de Boiro.

Unha vez no lugar, os bombeiros detectaron que tamén caera parte dun terraplén duns 8 metros de altura, arrastrando terra e arborado de pequenas dimensións pero que ocupaban, practicamente, a totalidade do carril en dirección cara a Noia. Tras realizar á localización e zonificación, procedeuse á retirada das árbores e do resto de materiais depositados na vía (terra, pedras e arbustos) ata deixar liberado o carril.

Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro a causa da alerta meteorolóxica retiraron árbores en estradas no Concello de Boiro e Concello de Rianxo

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...