Os CEIP Santa Irene, Campanario e Portosín mostran na fachada marítima do Son os traballos do Concurso de Maios

02 Maio 2024

O Concello de Porto do Son convocou esta tempada a todos os colexios de Infantil e Primaria do municipio para festexar a chegada da primavera. En concreto, a Concellería de Medio Ambiente organizou un Concurso de Maios aberto a todos os CEIP e no que participaron finalmente o CEIP Santa Irene de Porto do Son, o CEIP Campanario de Baroña e o CEIP Portosín. Este martes 30 inaugurouse finalmente a exposición aberta dos traballos presentados polos ditos centros educativos na fachada marítima de Porto do Son. O Concello compartiu nas redes imaxes da posta en marcha da mostra e ao longo dos vindeiros serán subidas as coplas compostas polo alumnado do CEIP Santa Irene e o CEIP Campanario. Nuns días a Concellería dará a coñecer a resolución do xurado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.