ACUAES entrega á Xunta a titularidade das infraestruturas do saneamento de Ribeira

30 Xaneiro 2020
Cedida

A sociedade mercantil estatal Aguas de las Cuencas de España (ACUAES), do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, entregou hoxe á entidade pública empresarial Augas de Galicia, da Xunta, as obras do saneamento de Ribeira para a súa operación e mantemento, tras finalizar a súa fase de posta en marcha.

A directora xeral de ACUAES, Rosa Cobo, e a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, procederon á sinatura da acta de entrega e transmisión da titularidade das infraestruturas nun acto que se celebrou na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Ribeira, ao que tamén asistiu o director técnico de ACUAES, Jerónimo Moreno. Tras a rúbrica, realizaron un percorrido polas instalacións para comprobar o seu funcionamento.

En virtude do acordo, a partir das 00.00 horas do 31 de xaneiro, Augas de Galicia sucederá a ACUAES en relación dos contratos vixentes, facéndose responsable a entidade pública, a partir deste momento, das operacións de conservación, mantemento e explotación. Todo isto á espera do que se decida no pleno extraordinario e urxente que se celebrará esta tarde na Casa Consistorial ribeirense.

Segundo apuntan, as obras do saneamento de Ribeira precisaron unha inversión de 21’6 millóns de euros, beneficiando a unha poboación de 32.500 habitantes. A actuación incluíu a construción dunha depuradora, un emisario submarino de 1.077 metros de lonxitude, sete tanques de tormentas e 13’6 quilómetros de conducións. A EDAR ten unha capacidade para tratar un caudal medio de 91 litros por segundo, é dicir, máis de 7.800 m³/día, aínda que poderá asumir puntas de 344 litros por segundo, equivalente a un caudal de 29.721 m³/día.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.