Este mes de maio o Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns (Consellería de Sanidade) organiza un Curso de Alimentación na Primeira Infancia, con recursos teóricos e prácticos nutricionais e saudábeis de utilidade para nais, pais e docentes. O curso será de balde e constará de catro horas de duración. Esta acción formativa está dirixida a persoal sanitario e educativo, monitores/as, pais, nais e cidadanía en xeral. Desenvolverase o 10 de maio en horario de tarde (de 16.00 a 20.00 horas) no Viveiro de Empresas de Porto do Son. A persoa encargada de impartir os contidos será o nutricionista Iván Parada Barral. As inscricións están abertas até o 30 de abril e cómpre facelas a través do correo: maria.santos.lemina@portodoson.gal.




