O martes Galicia mantense na influencia do anticiclón, que se retira cara ó oeste deixando un réxime de ventos do norte que traerán unha masa de aire máis fría. Así, comezaremos a xornada cos ceos despexados e a partir do mediodía entrarán as nubes polo norte quedando os ceos cubertos pola noite na metade norte, con posibilidade dalgún chuvasco no extremo norte, e con alternancia de nubes e claros no sur. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará do nordés moderado, con refachos fortes no litoral.

O noso mar: Vento do nordés á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 3 a 5 á mañá e á noite e 4 a 6 á tarde. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



