Xosé Regueira e Soledad Agra visitan en Délemont (Suiza) a exposición sobre a inmigración galega “Taxi – Compostela”

22 Abril 2024

O vicepresidente, Xosé Regueira, e a deputada de igualdade, lingua e dereitos civís, a outense Soledad Agra, viaxaron ata Suiza para visitar na cidade de Délemont a exposición Taxi – Compostela, no Museo du Xura.

Alí reuníronse coa directora do museo Nathalie Fleury; o comisario e autor da exposición, o xornalista Antonio Rodríguez; o fotógrafo Pierre Montalvon; o ministro conselleiro da Embaixada de España en Berna, Francisco de Miguel, e o conselleiro de asuntos científicos e culturais da Embaixada Suíza para España e Andorra, Alberto Giovanetti.

Na xuntanza abordaron posíbeis vías de colaboración que lle permitan á Deputación levar a exposición á provincia da Coruña, resaltando o legado feminino na emigración, a conservación da lingua e a preservación histórica.

“As mulleres tiveron un papel protagonista e fundamental, foron quen de construír unha nación, unha matria, e de facer país fora del”, apuntou Soledad Agra, “deixando atrás os seus fogares e, en moitos casos ata ás súas crianzas, para darlle un presente e un futuro mellor, con moito traballo e sacrificio”.

Esta reunión constitúe unha colaboración transnacional e un compromiso da Deputación coa preservación da memoria histórica, tendendo unha ponte “entre dúas realidades xeográficas e culturais distantes pero unidas pola historia e as experiencias compartidas da emigración” engadiu Agra.

A mostra, que inclúe textos do xornalista Antonio Rodríguez, fotos de Pierre Montavon e vídeos de Aubin Hellot, fai un percorrido pola historia da inmigración galega dende a posguerra ata a crise do 2008 e a actualidade.

Taxi–Compostela pode visitarse en Délemont, unha rexión situada na fronteira entre Suíza e Francia e berce da inmigración galega en Suíza. Tamén alberga varios obxectos simbólicos cedidos por migrantes.

“A emigración da nosa provincia a Suíza e, máis concretamente, a esta zona, forma parte da nosa esencia e da nosa historia recente” apuntou Regueira, engadindo que “dende as administracións públicas debemos sacar peito de fitos como este que forman a nosa memoria colectiva”. Neste sentido, sinalou, “esta exposición que amosa tan ben unha realidade de moitos galegos e galegas, é unha homenaxe a todas esas persoas que tiveron que deixar Galiza para formar un segundo país a partir da nosa identidade aquí, nesta terra tan marabillosa”.

Inaugurada en setembro de 2023 en Suíza, “agora é o momento de que viaxe ata Compostela e de que percorra todos eses lugares de orixe dos migrantes”, apuntou o vicepresidente. Dende a Deputación buscarase, así “o xeito de achegar a exposición aos seus protagonistas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.