Rianxo enfila a recta final de abril con seminarios da USC, teatro familiar, música didáctica e unha homenaxe á “Grândola” de Zeca Afonso

22 Abril 2024

O Concello de Rianxo, a través da súa Área de Cultura, compartiu a súa axenda de actividades para esta recta final de abril, incluíndo na relación de propostas as accións achegadas polas asociacións, entidades e agrupacións con sede no municipio.

Martes 24 de abril

16.30 – 18.00 h. Salón de actos do Auditorio de Rianxo. Programa Camiños de Coñecemento e Experiencia da USC. Seminario: Para que serven os insectos? Con José Carlos Otero González, profesor emérito da Facultade de Bioloxía.

Mércores 25 de abril

16.30 – 18.00 h. Salón de actos do Auditorio de Rianxo. Programa Camiños de Coñecemento e Experiencia da USC. Obradoiro práctico: Para que serven os insectos? Con José Carlos Otero González, profesor emérito da Facultade de Bioloxía.

20.30 h. Salón de actos do Cuartel Vello de Rianxo. X Encontro veciñal para cantar o Grândola de Zeca Afonso.

Xoves 26 de abril

16.30 – 18.00 h. Salón de actos do Auditorio de Rianxo. Seminario: As orixes do culto xacobeo: historia e lenda. Con Victoriano Nodar Fernández.

Sábado 27 de abril

A partir das 16.00 h. O Vilar (Araño). Festival Namórate da aldea, organizado pola Asociación Cultural A Carballeira de Baia, a Asociación de Veciños do Araño e a Asociación Cultural A Ermida de Xoán.

18.00 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Teatro familiar, Monstros a cargo de Producións Excéntricas. ENTRADAS: 4,50 € Dispoñibles en liña en woutick e 5,00 € na billeteira do auditorio dende unha hora antes do comezo da función.

20.30 h. Centro Social da Atalaia (Asados). Concerto didáctico Fremosas de Barahúnda, no marco das Veladas de primavera organizadas polo Grupo de Teatro Airños.

Domingo 28 de abril

19.00 h. Parque da Santa Lucía (Asados). Coloquio. Mesa de creadoras. Con María Xosé Silvar (Sés), Esther F. Carrodeguas, Helena de Alfonso e Arancha Nogueira, no marco das Veladas de Primavera organizadas polo Grupo de Teatro Airños.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.