CONGALSA presentará en Seafood Global Expo 2024 novas referencias que valorizan a pesca local

17 Abril 2024

CONGALSA, empresa especializada en alimentación con sede na Pobra do Caramiñal, participará novamente en Seafood Global Expo, unha das feiras de produtos do mar máis importantes do mundo cuxa trixésima edición arrincará o próximo 23 de abril na cidade de Barcelona.

Segundo apuntan desde a organización, a edición 2024 deste foro está chamada a converterse “na maior da súa historia cunha superficie de 50.000 metros cadrados e a participación de expositor de 84 países”.

Para Julio Simarro, conselleiro delegado da Corporación CONGALSA, “trátase dun dos eventos mundiais de referencia para o comercio de produtos da pesca e para toda a súa cadea de subministración. Por este motivo, aproveitaremos a nosa presenza no foro para fortalecer as nosas relacións cos nosos clientes e provedores, especialmente cos de carácter internacional, á vez que presentaremos as principais novidades do noso catálogo de produtos no marco do noso espazo expositor na feira”.

Caseta 5F501

No recinto de Fira Barcelona, a caseta de CONGALSA será a 5F501. Así, entre o 23 e o 25 de abril, os visitantes que se acheguen ata o espazo expositor da empresa do Barbanza poderán coñecer de primeira man algunhas das solucións máis novas que esta lanzou recentemente ao mercado. En concreto, un dos obxectivos da compañía é “poñer en valor os produtos de pesca litoral”, que cada vez teñen un maior protagonismo dentro do seu catálogo de solucións para a canle HORECA (Hostalería, Restauración e Cafeterías) e que son comercializados baixo a marca Ibercook Food Service.

Amais do devandito CONGALSA divulgará o seu proxecto de valorización dos produtos de pesca local que, segundo avanza Julio Simarro, “consolídase con novas referencias”. Entre estas referencias, destaca o lirio rebozada ao ovo (un produto que combina o sabor e popularidade deste peixe de lonxa, cun delicioso rebozado convertido xa nun sinal de identidade das propostas da empresa).

Algunhas receitas

Esta nova referencia, ademais, compleméntase coa gama de filetes bolboreta de lirio e xarda ao natural, que dentro do espazo expositor de CONGALSA na Fira Barcelona poderanse degustar a través de deliciosas receitas preparadas polos chefs da compañía, en elaboracións tan singulares como popietas de lirio e xamón serrano ou tostas de xarda afumada.

Finalmente, outra das novidades que CONGALSA presentará en Seafood Expo Global, o arito empanado, foi concibida “pensando na demanda de mercados exteriores”, sinala Julio Simarro. “Trátase dunha referencia que completa o extenso catálogo de produtos da nosa empresa, concibida preferentemente para ser servida a modo de aperitivo ou tapeo na canle hostaleira”, conclúe o directivo da Corporación Empresarial CONGALSA.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.