Os socialistas galegos apoian que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo analice a implantación de Altri na Ulloa

17 Abril 2024

O eurodeputado socialista galego Nicolás González Casares garantiu este martes 16 á Plataforma Ulloa Viva o seu apoio para que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo estude as implicacións do proxecto de implantación industrial de Altri na comarca.

Así llelo trasladou este mediodía en Bruxelas aos membros do colectivo nunha reunión na capital comunitaria, na que remarcou que “previa a calquera posibilidade de concesión de axudas a cargo de fondos comunitarios, a Xunta de Galicia deberá realizar unha avaliación ambiental exhaustiva do proxecto da empresa, un proxecto que pouco ten que ver co inicialmente anunciado polo Goberno galego nin na súa actividade principal, nin nas súas dimensións en canto a investimentos ou empregos asociados”. 

Engadiu que “só se o proxecto presentado supera a avaliación ambiental estará en condicións de avanzar á seguinte fase de estudo de posíbeis axudas públicas”, afirmou o eurodeputado, quen salientou que, chegado ese caso, “os socialistas serán absolutamente escrupulosos na análise da proposta de concesión desas axudas.

Casares incidiu unha vez máis en que “para obter financiamento comunitario, o proxecto de Altri deberá amosar a súa compatibilidade coas normas da taxonomía e o principio de non ter un impacto ambiental significativo”. Explicou que de haber “unha proposta para conceder axudas comunitarias, estaremos vixiantes para que esta cumpra os principios comunitarios de respecto ambiental. Non obstante, agora a pelota está no tellado da Xunta de Galicia, que ten que demostrar rigorosidade e seriedade á hora de analizar os posíbeis impactos ambientais do proxecto, con transparencia, informando aos afectados e ao conxunto da sociedade galega”, subliñou.

“Grazas ao seu potencial, Galicia está en condicións de liderar a nova vaga de desenvolvemento industrial sustentábel. Ese é o modelo que defendemos os socialistas. Á Xunta correspóndelle agora non ceder a presións, debe dar respostas á cidadanía e avaliar a compatibilidade deste proxecto cos principios do desenvolvemento sustentable e co respecto ao territorio, con rigor e sen deixar lugar a dúbida ningunha”, concluíu.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.