A soidade das persoas maiores centra unha nova sesión das Xornadas Sociosanitarias de Outes (este mércores 17)

15 Abril 2024

Esta semana proseguen as actividades da nova edición (a número XVIII) das Xornadas Sociosanitarias de Outes e das III Xornadas do Programa Universitario de Maiores (IV Ciclo da Universidade de Santiago). A nova sesión será este mércores 17 de abril, ás 18.30 horas, na Casa da Cultura municipal.

A sesión, centrada en achegar recursos para incrementar a calidade de vida das persoas maiores, desenvolverase baixo o epígrafe Soidade na idade adulta, estratexias preventivas e alternativas de vida para a vellez.

Será impartida polo doutor Miguel Vázquez, especialista en Xeriatría e xerontólogo social, ademais de director da empresa médica Caligers Servizos Sociosanitarios.

O ciclo está a ser coordinado por Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes.

A cita será novamente na Casa da Cultura da Serra de Outes.

As xornadas veñen da man do Concello (Centro Social e Centro de Saúde), a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatria, a USC, ADISBISMUR e a Asociación Cultural Terra de Outes.

A nova edición das xornadas rematará o 30 de maio, con Saúde mental: saber pedir axuda, a cargo de Rosa Cerqueiro Landín, psicóloga do Complexo Universitario de Conxo.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.