
A semana pasada un grupo de alumnas e alumnos do Obradoiro de Emprego Tahume IX, impulsado polos Concellos de Porto do Son e Ribeira para favorecer a inserción laboral da poboación da nosa comarca, presentouse ás probas da Educación Secundaria Obrigatoria (ESA) que se celebraron no IES San Clemente de Santiago. A actividade encadrouse nun dos obxectivos do obradoiro: fortalecer ao máximo a formación teórica e práctica das e dos participantes para incrementar a súa empregabilidade futura. Ademais, os alumnos e alumnas de Tahume fortaleceron a vertente máis práctica do seu adestramento realizando tarefas de limpeza e roza na contorna do Parque de San Roque, en Ribeira. Nos traballos aplicaron unha vez máis os coñecementos adquiridos no transcurso da súa formación e melloraron as súas habilidades.



