Galicia rexistrou un mes de marzo lixeiramente frío e moi húmido

07 Abril 2024

Galicia rexistrou un mes de marzo lixeiramente frío e moi húmido no que respecta ás precipitacións, segundo o avance do último informe climatolóxico mensual elaborado por Meteogalicia.

Neste sentido, este mes quedou dividido, desde o punto de vista meteorolóxico, en tres partes diferenciadas. A primeira e a última foron períodos con predominio de borrascas, fríos e húmidos mentres que a mediados do mes, tivemos un período de tempo seco e cálido, pero que non foi quen de contrarrestar as anomalías negativas dos outros períodos. De aí que o mes teña unhas temperaturas medias lixeiramente por debaixo dos valores climáticos, mentres que as precipitacións están claramente por riba

No que atinxe ás temperaturas, a anomalía media da temperatura para este mes, obtida a partir dos datos rexistrados en 11 estacións meteorolóxicas representativas, foi 0,2 graos inferios ao valor normal climatolóxico, o que fai que xaneiro poida considerarse como lixeiramente frío.

Máis polo miúdo, o valor medio da temperatura máxima foi de 13,4 graos e no caso da mínima foi de 4,8 graos. Os índices máis altos –entre 16,1 e 17,2 graos- rexistráronse en áreas do Miño en Ourense e, en Pontevedra, na Fosa de Tui e no val do río Tea. Os valores máis baixos -entre 0,6 e 2,0 grados- foron nas zonas montañosas de Ourense.

No caso das precipitacións, cómpre subliñar que estiveron moi por riba do agardado en marzo ao ser frecuentes, persistentes e cuantiosas nos primeiros dez días, e, a maiores, as chuvias da última semana incrementaron, aínda máis, ese superávit. Así, a precipitación media acumulada foi de 250 l/m2, un 148% superior ao valor climático normal.

En canto á distribución das chuvias, os valores máis altos concentráronse nas serras litorais e na comarca da Baixa Limia -entre 390 e 450 l/m2- mentres que os máis baixos -entre 110 e 150 l/m2-  se rexistraron no litoral da Mariña lucense e en puntos do leste de Ourense. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.