200 empresarios visitarán Santiago para reflexionar sobre sustentabilidade económica Santiago converterase este xoves e venres no epicentro da economía ética e sostible.
O encontro, que dá continuidade ao celebrado o ano 2022, comezará o xoves 11 de abril cunha misa e un concerto na catedral.
O día seguinte, sobre as 9.30 horas, a xornada comezará cun acto na Hospedería do Seminario Maior, no que participarán o Arcebispo de Santiago, Francisco Prieto, e o presidente en funcións da Xunta, Alfonso Rueda.
Os actos estarán presididos polo arcebispo, ao que acompañarán os presidentes de Galicia, don Alfonso Rueda, da Conferencia Episcopal Española, monseñor don Luis Argüello, o nuncio da súa Santidade en España, monseñor don Bernardito Auza, o presidente da Confederación Española de Organizacións Empresariais, don Antonio Garamendi, e o da Confederación de Empresarios de Galicia, don Juan Vieites, así como os presidentes empresariais, da Coruña, don Antonio Fontenla, de Lugo,
don Jaime López e de Ourense, dona Marisol Novoa e a presidenta da Cámara de Comercio de Santiago, dona María País, entre outras personalidades civís.
Igualmente, asistirán ao Encontro o bispo de Mondoñedo – Ferrol, don Fernando García; o arcebispo emérito de Santiago de Compostela, don Julián Barrio; o vigairo xeral da diocese de Santiago, don Andrés Fernández; o vigairo episcopal para o Patrimonio e o Sostemento de la Iglesia da Diocese de Ourense, don Raúl Alonso; o vicecanciller secretario de Santiago, don Manuel Jesús Formoso; o reitor do Seminario Maior, don Carlos Varela; e os ecónomos das dioceses de Ourense, don Daniel Argid, e de Santiago, don Fernando Barros.
PROGRAMA




