O BNG de Dodro cualificou o proxecto de Altri no río Ulla de “bomba ambiental”

05 Abril 2024

O BNG de Dodro organizou este xoves 4 de abril unha charla informativa para toda a veciñanza sobre o proxecto de Altri en Palas de Ulla. A sesión foi unha mesa informativa sobre esta iniciativa industrial programada pola empresa portuguesa na que se presentou un vídeo protagonizado pola veciñanza que sintetiza as accións que está levando a cabo o BNG ante este macro-proxecto. A charla foi inaugurada polo portavoz local do BNG, Xoán Bautista Mariño, que logo dunha breve intervención deu a palabra a Xaquín Rubido, voceiro da Plataforma en Defensa da ría de Arousa, a Fins Eirexas de ADEGA, e á parlamentaria do BNG Iria Carreira.

Entre todas debullaron a historia do proxecto industrial de Altri, que, segundo fixeron saber, “vai contra as economías produtivas da zona da Ulloa, río Ulla e Arousa” e que, de ir adiante, “destruiría un modelo sustentábel, postos de traballo e a riqueza ambiental dos sitios por onde se estenda a contaminación xerada por unha industria que busca en Galiza o que non lle permiten en Portugal”. Dixeron que “a ocultación de información sobre o proxecto é explicábel por criterios políticos en connivencia con intereses industriais que atentan contra nós”.

Os relatores lembraron que a través do DOG, o pasado 4 de marzo (días despois das eleccións autonómicas), sóubose da magnitude do proxecto da empresa portuguesa para o corazón do país, que, segundo lembraron, “consumirá auga do encoro de Portodemouros para fabricar celulosa e en menor cantidade Lyocell, 46.000 m3/día e verterá ao río Ulla -do que beben desde Padrón a Ribeira- 30.000 m3/día”.

As dimensións da denominada “bomba ambiental”, sinalou Xaquín Rubido, “serían o punto e final da xa maltratada ría de Arousa, da que só en emprego directo dependen miles de persoas”. Rubido dixo que os datos falan por si sós: “A planta multiplicará por 10 a actual celulosa de ENCE en Pontevedra e xerará 400.000 toneladas de produción anual de pasta de papel”. Fins Eirexas aclarou as implicacións para a Ulloa e para as ribeiras do Ulla ao mesmo tempo que dixo “que se trataba dunha chapuza como proxecto, insultante para as galegas e que de obviar os sectores produtivos de gandaría, agricultura, turístico, marisqueiro e pesqueiro iniciaríanse outras accións vía xudicial ante unha empresa consumidora dos recursos galegos que non reverten no país se non só na empresa que actúa como colonizadora”.

Pola súa banda a deputada nacionalista Iria Carreira cualificou de “escurantista” a actitude da empresa e do Goberno galego.

A xente que encheu o local municipal aplaudiu o vídeo resumo do BNG protagonizado pola veciñanza de Dodro e esgotou as reclamacións repartidas tamén por establecementos de todo o concello para seren entregadas no rexistro da Xunta. O BNG anunciou máis accións de protesta antes de que acabe o período de alegacións a mediados deste mes.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.