O Goberno de Rianxo e o grupo socialista sentan as bases das dedicacións exclusivas do Executivo e impulsan dez relevantes acordos

03 Abril 2024

O Goberno local de Rianxo e o grupo municipal do PSdeG-PSOE asinaron esta semana un acordo para a aprobación das dedicacións do Executivo rianxeiro. O acordo, segundo sinalaron os representantes dos grupos, achanda o camiño para a aprobación do orzamento municipal para o exercicio 2024, unhas “contas fundamentais para sanear a economía municipal nas que se seguirá traballando nos próximos días”. O acordo foi asinado polo alcalde Julián Bustelo e o voceiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE, Óscar Rial.

No transcurso da sinatura o rexedor comentou que “a política é precisamente isto que estamos facendo hoxe, é chegar a acordos, a consensos, e pensar fundamentalmente nos veciños e veciñas, que son aos que nos debemos. Este acordo que asinamos é un acordo que non beneficia nin a Rianxo en Común, nin ao Goberno, nin ao PSdeG-PSOE. É, porén, un acordo que vai beneficiar a toda a cidadanía do noso concello, que aporta estabilidade e un punto de encontro entre as formacións asinantes a partir do que estou seguro que xurdirán futuros  acordos para a mellora das infraestruturas e dos servizos municipais”.

Bustelo destacou tamén o traballo levado a cabo polas dúas formacións e agradeceu a disposición e iniciativa do PSdeG-PSOE para buscar o consenso.

Pola súa parte, o voceiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE, Óscar Rial expresou “a súa gratitude cara a todas as partes involucradas no proceso de negociación, destacando a vontade da agrupación socialista de cara a chegar a este acordo, e destacou o compromiso compartido de traballar en beneficio de todos os cidadáns de Rianxo”. Ademais, subliñou a importancia da colaboración e o diálogo continuo para lograr resultados significativos e sustentábeis a longo prazo. Engadiu tamén que “agardamos traballar en estreita colaboración para poder levar a cabo os puntos que se acordan neste escrito que asignamos hoxe e como punto de partida para futuras implementacións de iniciativas e proxectos que impulsen o desenvolvemento económico, social e cultural do noso Concello”.

O acordo recolle dez liñas estratéxicas de traballo a abordar de maneira conxunta durante os vindeiros meses:

-Abordar a modificación do acordo asinado co Concello de Boiro en materia de servizos sociais.

-Constitución dunha mesa de traballo coa finalidade de que ambas formacións desenvolvan unha proposta de Plan Concilia Municipal.

-Revisión das subvencións nominativas que perciben as entidades deportivas municipais, apostando por un modelo de concorrencia competitiva. Revisarase á alza e de maneira equitativa os importes que as diversas entidades perciben.

-Revisar as bases das axudas escolares municipais.

 -Abordar o proceso de licitación do servizo de abastecemento de auga e saneamento.

-Abordar o proceso de licitación do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria.

-Abordar a creación da Coordinadora de ANPAs.

-Convocatoria do Consello Escolar Municipal antes da finalización do curso 2023-2024.

-Convocatorio da Mesa de Comercio Local durante o mes en curso.

-Seguimento do proxecto de construción dunha residencia pública no municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.