O xoves continuamos baixo a influencia dunha borrasca centrada en Irlanda. Con esta situación, agárdanse intervalos nubrados con precipitacións máis abundantes no sur da comunidade, mesmo localmente fortes, con cota de neve nos 1.200 metros baixando a 1.000 metros a últimas horas do día.

As temperaturas mínimas non terán cambios significativos e as máximas sufrirán un lixeiro ascenso 11 a 12 graos. Os ventos soprarán do suroeste, moderados en xeral, fortes no litoral norte.

O noso mar: Vento do sur á mañá e do sudoeste á tarde e á noite, forza 5 a 6 á mañá e á noite e 3 a 5 á tarde. Forte marusía. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 5 a 6 metros á mañá e á tarde e 4 a 5 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



