Os concelleiros ribeirense Francisco Suárez-Puerta, Veva Betanzos e Vicente Mariño fixeron entrega esta semana do Premio da Ruta de Tapas do Pequeno Entroido ao local El Golimbreo, que obtivo 447 votos dun total de 1.700, coa súa tapa Lacón-Llete, unha adaptación desta comida típica do entroido.

Ademais, entre todas as persoas que participaron na votación, realizouse un sorteo para unha laconada para 4 persoas nun local do municipio, premio que tamén se entregou finalmente á gañadora, Alicia Torres.
O Entroido Pequeno celebrouse en Ribeira o sábado 17 de febreiro e o domingo 18 cunha Ruta de Tapas organizada en colaboración coa Asociación de Hostaleiros de Ribeira, na que as persoas participantes que probaron algunhas destas creacións culinarias entraron no sorteo dun agasallo sorpresa.




