O Concello da Pobra convoca un proceso selectivo para formar unha bolsa de emprego de monitorado de tempo libre

26 Marzo 2024

Logo de seren aprobadas as bases reguladoras que rexerán o proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para monitorado de tempo libre, o Concello da Pobra do Caramiñal procedeu a convocar as probas selectivas mediante un concurso-oposición para a cobertura en réxime laboral temporal destes postos.

Os labores, entre outros, son a monitorización dos servizos de Madruga e Comedor; impartir os obradoiros de conciliación; dinamizar as actividades lúdicas e de tempo libre dos programas culturais e deportivos das áreas dos deportes, da cultura e da igualdade; atender os obradoiros de actividades manuais, natureza, tempo libre ou igualdade; e calquera outra tarefa propia da praza.

As persoas aspirantes deberán cumprir unha serie de requisitos; entre eles, ter a consideración de profesionais da educación no tempo libre na modalidade de monitor/a, para o cal deberán acreditar estar en posesión dalgunha das acreditacións seguintes: o título de monitor ou monitora de actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil; o certificado de profesionalidade de dinamización de actividades de educación; ou o título da formación profesional que capacite de xeito expreso para o desempeño desta ocupación. Ademais disto, as persoas que sexan destinadas ós Servizos de Madruga e Comedor deberán presentar no momento da contratación a posesión do carné de manipulación de alimentos.

Para a inscrición no proceso selectivo, presentarase a solicitude conforme o anexo II das referidas bases a través do rexistro xeral de entrada do Concello da Pobra do Caramiñal, no horario das 09.00 ás 14.00 horas, ou por medio da sede electrónica municipal. O período é de 10 días hábiles, que se contan dende este mesmo martes 26, tras ser anunciada este 25 de marzo a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP). O dito trámite tamén se pode formalizar en calquera dos medios determinados na Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas. Xunto coa solicitude de participación, débense achegar as fotocopias da documentación xustificativa.

Toda a información detallada está á disposición no taboleiro de anuncios do Concello e na mencionada sede electrónica.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.