A Deputación e o Concello de Dodro achegarán a realidade europea á rapazada local cun contacontos-obradoiro

21 Marzo 2024

A Casa da Cultura de Dodro vai acoller o vindeiro 3 de abril un espectáculo para descubrir Europa dende o espazo exterior: Kalopsia. Un planeta non tan diferente. Trátase dunha sesión narracións orais e actividades deseñada para que nenos e nenas de 6 a 12 anos comprendan a Unión Europea e exploren a convivencia entre as diferentes formas de vida e culturas do mosaico europeo

Haberá intérprete de lingua de signos.

Esta actividade gratuíta forma parte da rede Europa No Teu Concello, impulsada por Europe Direct A Coruña (Deputación da Coruña). Será o mércores 3 de abril ás 17.30 h, na Casa da Cultura de Dodro.

O espectáculo consiste nunha narración-obradoiro que convida aos participantes a achegarse á UE “dunha maneira diferente”. O espazo encherase de títulos pertencentes á cultura dalgúns dos 27 países da Unión Europea para achegar a rica tradición literaria europea. Tras o ritual iniciático, falarase da convivencia e das diferentes formas de vida e culturas que forman o mosaico europeo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.