O Concello de Dodro organiza esta Semana Santa unha actividade de conciliación familiar e laboral para fomentar non só o lecer en tempo non lectivo senón tamén os hábitos saudábeis. Trátase da iniciativa Deporte nas vacacións, unha alternativa de ocio para as vacacións dos vindeiros días que se desenvolve nas pistas polideportivas de Bexo e no Pavillón Polideportivo Municipal nas xornadas do 25, do 26 e do 27 de marzo..
Será unha actividade para rapazada de sete a quince anos. O horario será de 11 a 13 horas.
As inscricións fanse no departamento de deportes, no 981 802532.




