Os beneficios do asociacionismo no desenvolvemento territorial centra unha charla-coloquio este venres en Ribeira

20 Marzo 2024

As entidades ABAS (Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade) e Desembarco en Areoso, xunto co Concello de Ribeira, van organizar unha charla-coloquio sobre o labor do asociacionismo e como este pode influír na transformación do territorio. O acto terá lugar o venres 22, a partir das 20:30 no Centro Cultural Lustres Rivas.

Francisco Javier Gómez, presidente das dúas entidades co-organizadoras e Vicente Mariño de Bricio, tenente de alcalde do Concello ribeirense, serán os encargados de acompañar ao conferenciante Iván García García. técnico de Xestión Cultural, profesor asociado e membro do Grupo de Investigación SEPA – interea da USC. 

García García é Doutor en Equidade e Innovación de Educación pola USC, pola súa tese O Asociacionismo no Desenvolvemento Socioeducativo e Cultural do Concello de Vedra, na que foi distinguido cun sobresaínte cum laude.

Outros artigos

Convocado o II Concurso de tapas Rois nun bocado

Tapas na Taberna Angueira O Concello de Rois organiza a segunda edición do Concurso de Tapas Rois nun bocado!, unha iniciativa que busca poñer en valor a creatividade gastronómica da hostalería local, promocionar os produtos do municipio e dinamizar a súa vida social....

+

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.