Aberto o prazo de inscrición para os cursos de xardinería e auxiliar administrativo de Amicos

20 Marzo 2024

A asociación da nosa comarca Amicos puxo en marcha dúas novas formacións gratuítas para persoas desempregadas con discapacidade ou en risco de exclusión social. Así, en abril comezarán na sede da entidade, en Comoxo, o curso Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e a formación Actividades auxiliares de servizos administrativos e xerais. Este último impartirase tanto en modalidade presencial como en teleformación. O prazo de inscrición remata o venres 22 de marzo para o de xardinería e o 5 de abril nos de administración.

Así, Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes comezará o xoves 4 de abril, e levarase a cabo no centro ata o 13 de setembro, en horario de 9.30 a 14.30 horas. Unha vez finalizado o curso con éxito, os participantes estarán cualificados para desenvolver labores en invernadoiros, viveiros e xardíns, e contarán con coñecementos para a conservación de parques urbanos e botánicos, entre outros.

Para inscribirse neste curso, de 488 horas de duración, as persoas interesadas deberán contar cun título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou co certificado de profesionalidade en Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería. O prazo de inscrición estará aberto ata o venres, 22 de marzo.

Por outra banda, o curso de Actividades auxiliares de servizos administrativos e xerais ofrecerá ao alumnado as ferramentas e coñecementos necesarios para realizar tarefas e trámites de administración a nivel profesional.

A formación ten unha duración de 448 horas, que inclúe as prácticas en empresas. Dará comezo o 16 de abril, e desenvolverase ata o 13 de setembro en horario de 9.30 a 14.30 horas. Neste caso, o prazo de inscrición mantense aberto ata o venres, 5 de abril, tanto para a modalidade presencial como para a opción de teleformación.

Estas accións formativas están organizadas por Amicos coa colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación e Formación Profesional. As persoas interesadas poden inscribirse a través do 981 865 716, así como no correo electrónico formacion@amicos.org. Estos cursos contan cun total de 15 prazas por formación, e son compatíbeis coa solicitude de axudas para a formación da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.