APD e Amicos reúnen en Vigo a máis de medio cento de directivos para debater sobre rendibilidade e sustentabilidade

19 Marzo 2024

A asociación da nosa comarca Amicos e a Asociación para el Progreso de la Dirección (APD) organizaron a mañá deste martes, 19 de marzo, o encontro Impacto social y rentabilidad: cómo poner en marcha una transformación sostenible; no que se deron cita máis sesenta directivos e directivas. No evento, celebrado no Hotel Attica 21 de Vigo, distintos profesionais compartiron a súa experiencia para aclarar se é compatible a rendibilidade cunha actividade que xere impacto social e ambiental.

O encontro, que tamén contou co apoio de Grupo C de C, comezou cunha intervención de apertura a cargo de APD e Amicos. A esta seguiuna o relatorio conducido por Silvana Alfaya, directora de ESG Assurance, Sostenibilidad y Buen Gobierno de KPMG en Galicia; que presentou ante todos os asistentes as conclusións do estudo Perspectivas España 2023: ESG.


Durante a intervención, Alfaya sinalou que “as empresas deberán transformarse e dar resposta á taxonomía da Unión Europea”, tralo que sinalou a integración dos criterios ESG (Enviromental, Social and Governance) na cultura da empresa e na cadea de valor como os grandes retos a superar durante este ano.

A experta destacou tamén que “o 11% dos enquisados no estudo inclúen os factores climáticos entre os principais riscos para a súa organización nun corto prazo”.

Tras esta intervención de contexto, realizouse unha mesa redonda que xirou arredor do impacto da ESG na estratexia das compañías. Esta contou coa moderación de Andrea Pérez-Bouzada, redactora xefe de Treintayseis; y as intervencións de Mirentxu Aquerreta, conselleira independente e líder de sustentabilidade en Ontime, así como membro de padroado de Fundación Woman Forward; e Juan Antonio Vázquez Gancedo, director xeral de Adegas Martín Códax.


Ambos relatores destacaron que os criterios ESG xa non son algo opcional e que, para conseguir una transformación tanxíbel, e que “é moi importante que tódolos departamentos se sintan implicados e vexan a sustentabilidade como algo transversal á organización”. Para iso, indicaron que é necesario “un cambio de mentalidade desde as empresas”, xa que preto dun 25% das
organizacións non contemplan os criterios ESG na súa estratexia.

Despois deste análise dende o punto de vista estratéxico, realizouse unha mesa centrada no modo no que as empresas galegas están a aplicar estes criterios ESG. Miguel Beiro, responsábel dA área de Alianzas con Persoas e Empresas de Amicos, foi o encargado de moderar esta sesión na que interviron Elena Rodríguez, directora de Persoas e Talento de Kaleido; Susana Casal, direcotra de Persoas e HS do CTAG; e Carlos Tavares, director de Sustentabilidade de Stolt Sea Farm.

Os tres participantes destacaron a importancia de que as empresas leven no seu ADN a sustentabilidade. Algo que debe aplicarse especialmente na súa comunicación interna, posto que o “reto” é conseguir que tódolos traballadores vexan o respecto polo medio natural e a súa conservación como unha prioridade na filosofía da mesma. Con isto en mente, tamén eles puxeron o aceno nas persoas como “motor da transformación interna”, pero sen deixar de buscar alianzas externas coa finalidade de provocar un impacto positivo.

Por último, a conferencia de peche centrouse en casos de éxito reais e tanxíbeis. Esta foi conducida por Keltoi Cameán, coordinador da área de Alianzas con Persoas e Empresas de Amicos. Desta volta, estivo acompañado por Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de JEALSA e José Antonio Fernández, director de Conservación do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Segundo lembrou Cameán, ambas as entidades colaboran activamente coa Asociación Amicos en proxectos de formación e inclusión social e laboral. Durante o relatorio, ambos afirmaron que “Galicia conta cunha riqueza humana e medioambiental enorme”, ao tempo que sinalaron que a sustentabilidade é e debe ser un dos piares máis importantes da comunidade autónoma galega.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.