Boiro acolle este domingo a VII Bandeira de Bateis Concello de Boiro

15 Marzo 2024

O Concello de Boiro colabora co Club de Remo Cabo da Cruz na organización da VII Bandeira de Bateis Concello de Boiro que se celebra este domingo 17 de marzo a partir das 11.00 horas no peirao de Cabo de Cruz. A proba, prevista inicialmente para o 2 de marzo, tivo que ser adiada ara este domingo polas condicións meteorolóxicas.

A regata realizarase na modalidade en liña e poderán participar todos os equipos de bateis da zona norte coas tripulacións que se recollen no regulamento de competición da Liga Galega de Bateis. En canto aos premios, establécense medallas de ouro para os tres equipos mellor clasificados en cada unha das seis categorías masculinas e femininas e dúas bandeiras, masculina e feminina, para os clubs que consigan máis puntos na clasificación xeral.

Outros artigos

Mércores, Santo Isidro, xornada cuberta e chuvascos

O mércores, festividade de Santo Isidro e festivo local en Rois, na comarca espérase un día maiormente nubrado, con posibilidade de choivas dispersas ao longo do día. As temperaturas oscilarán entre os 15°C e os 20°C, con ventos suaves do suroeste. O noso mar: Vento...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Já são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...