Este domingo toca calzarse as botas de camiñar para participar en Ribeira na Andaina Solidaria Art for Dent

15 Marzo 2024

Esta fin de semana celébrase en Ribeira a primeira Andaina Solidaria Art for Dent organizada pola Asociación Galega da Enfermidade de Dent xunto co Colexio Galaxia coa colaboración de empresas como CONGALSA ou o Concello. Será o domingo 17 de marzo con saída na praza de España a partir das 11.00 horas.

A Asociación Art for Dent está formada por familias de Galicia e Asturias, unidas para loitar contra esta enfermidade minoritaria que afecta gravemente aos riles.

O obxectivo principal da asociación con actividades coma a programada para este domingo en Ribeira é o de visibilizar e recadar fondos para a investigación desta “enfermidade rara” que leva a cabo o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago.

A andaina organizada en Ribeira será como dixemos este 17 de marzo con saída dende a praza de España e cun percorrido de 6 km ata Pedra da Ra.

As inscricións poderanse realizar a través da web de www.deporticket.com ou ben nas instalacións do Colexio Galaxia en Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.