O mércores 27 chega a Rianxo a función “Cancións amarelas, Flores tristes”, de Ernesto ls. e producida por Manekineko

14 Marzo 2024

Con motivo do Día Mundial do Teatro e no marco das actividades conmemorativas preparadas pola Deputación da Coruña, o vindeiro mércores 27 de marzo chega ao auditorio municipal rianxeiro o espectáculo Cancións amarelas, Flores tristes de Ernesto Is. por Manekineko. Será na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a partir das 20.30 horas.

Trátase dunha obra recomendada para maiores de 16 anos, de 70 minutos de duración. A entrada será de balde, limitada a 120 prazas. (requírese reserva previa preferentemente no formulario ou no teléfono 981 100 688).

Argumento

Catro persoas de idades, xéneros, crenzas e realidades socioeconómicas diferentes, coinciden nun karaoke. Ao longo da madrugada, as cancións e o alcol mestúranse cos medos e cos problemas que as levan a refuxiarse neste lugar, onde constrúen os seus propios paraísos artificiais. Nesta noite hai música, pero tamén silencio; miradas cómplices e mal intencionadas; luces de cores que iluminan o escenario e sombras trala porta do baño; copas escachadas contra o chan e brindes até o amencer; corpos suorentos, tristes e cansos que procuran outros corpos igual de suorentos, tristes e cansos; tarxetas de crédito co saldo esgotado; maquillaxe e perfumes baratos; bágoas que mollan as flores de plástico coas que se decoran as mesas; frustracións, temores… Pero, sobre todo, anhelos.

Ficha técnica e artística

INTERPRETACIÓN: Nacho Castaño, María Costas, María de las Llanderas e Fran Nogueira

DIRECCIÓN: Nerea Brey

TEXTO: Ernesto Is

ESPAZO E ILUMINACIÓN: Beatriz de Vega

VESTIARIO: Javier Lojo

​​​​​​​ESPAZO SONORO: Nerea Brey e Ernesto Is

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.