O Concello de Noia informou esta semana do remate as obras de mellora do acceso ao lugar de A Braña (A Rasa). O lugar dos traballos foi visitado polo alcalde Santiago Freire e pola concelleira Laura Salgado.
As obras, segundo lembraron Freire e Salgado, incluíron a pavimentación con aglomerado en quente, obras de drenaxe e pintado da vía; que contaron cun orzamento de 12.278 € a través do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024 da Xunta de Galicia.




