Elas, o grupo de Artes Escénicas da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, representou en Boiro A Serea Mariña

08 Marzo 2024

Elas, o grupo de Artes Escénicas da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, representou no Concello de Boiro A Serea Mariña pola conmemoración do Día Internacional da Muller. Crearon esta peza escénica canda o artista Fran Sieira e foi inaugurada en Mar Diverso, o festival de arte inclusiva e patrimonio costeiro da Asociación Ambar que se celebrou hai dous anos.
Noelia Argibay, Ángeles Devesa, Raquel Hernández, Marina Mondelo, Paula Ramallo, Montse Queiruga e Mercedes Ríos, son as artistas que interpretaron esta peza escénica que fala da muller costeira, da riqueza na diversidade, do traballo no mar… . Elas logran transportarnos a través da arte, do movemento e a música ao que a elas lle inspira o lugar no que vivimos.
A actuación realizouse no marco do acto institucional que tivo lugar esta mañá no Concello de Boiro, no que tamén se fixo a lectura do manifesto colectivo.
Mulleres En Comunidade
Cumprindo ca tradición, Ambar e Congalsa volveron a conmemorar o 8M xuntas. Un grupo de mulleres representantes de Ambar visitou as instalacións de Congalsa e levaron un obsequio para todas as traballadoras da corporación. Araceli Pouso, Berta Torrado, Esperanza Silva, Manola Davila, Manola Vidal, María Helena, Mari C. Crujeiras e Vanesa Villar foron as encargadas de entregar o obsequio á toda a plantilla na sede de Congalsa para conmemorar este día. Tamén estiveron presentes no acto Helena Teira, coordinadora xeral de Ambar e Jontxu Argibay, facilitador na área artesanal da Asociación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.