Mulleres do Barbanza celebra o 8M en Ribeira cunha concentración contra a xustiza patriarcal

06 Marzo 2024

Este venres 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, a nosa comarca vai ser un fervedoiro de accións e mobilizacións reivindicativas. En Ribeira, ademais das actividades impulsadas polo Concello e o CIM local, terá protagonismo a concentración convocada pola plataforma Mulleres en Acción (Asociación de Mulleres do Barbanza), co obxectivo de seguir avanzando en cuestión de igualdade e dereito e, tamén, “polo remate da xustiza patriarcal”. Será este venres ás 20.00 horas na porta do Sol de Ribeira. A asociación adianta que en caso de choiva a concentración trasladarase aos soportais do edificio da “Caixa de Aforros”, na rúa de Galicia, a partir da mesma hora.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.