O Concello de Boiro, no marco das actividades para conmemorar o 8M – Dia Internacional da Muller (que se celebra este venres), realizou unha serie de vídeos xunto con Cruz Vermella e Turbina que levan por título Referentes de vida, motor do noso pobo.
Os vídeos, que se publicarán ao longo desta semana nas redes sociais do Concello de Boiro, mostran “unha contraposición da visión da igualdade en distintos ámbitos da vida cotiá entre a xeración dos maiores e a mocidade”, explican as ditas tres entidades.
Deste xeito, as mulleres dos talleres de memoria da Cruz Vermella e as rapazas do grupo de voluntariado xuvenil Turbina aportan a súa visión sobre a igualdade en ámbitos como o traballo, a infancia, a escola ou os coidados.
O obxectivo destes vídeos é mostrar o cambio social que se produciu ao longo dos anos na concepción da igualdade en aspectos cotiás.



