O equipo FIRST MEGA Ribeira Super LEGO obtén tres distincións na prestixiosa competición robótica FLL Galicia

04 Marzo 2024

Máis de 300 mozos e mozas de entre 4 e 16 anos participaron este sábado na décima edición da FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia) que se celebrou o sábado 2 de marzo no Campus Industrial de Ferrol. As presentacións dos Proxectos de Innovación realizáronse na Facultade de Humanidades e Documentación e na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) mentres que o Xogo do Robot disputouse no Pavillón de Esteiro. Pola súa banda, o Auditorio Municipal de Ferrol acolleu o acto de entrega de premios, xa en horario de tarde, ao que asistiron participantes, autoridades e familias. Logo dunha intensa mañá de actividade (presentacións, probas, etc) o equipo G4Z4F4NT4SM4S, da escola multidisciplinar Gazapo de Narón, acadou o Primeiro Premio Ingeniera Soy ao Gañador.

Pola súa banda, o equipo Elementals, da academia Captioma de Ourense, logrou o Segundo Premio Universidade da Coruña ao Gañador. Deste xeito, ambos os dous equipos conseguen clasificarse para participar na Gran Final Nacional da FIRST LEGO League que se celebrará o vindeiro 16 de marzo no Edificio do Paraninfo e na Facultade de Dereito da Universidade de Alacante.

Destacar tamén, na proba do Campus de Ferrol, o destacado papel do equipo de Ribeira FIRST – MEGA RIBEIRA SUPER LEGO, que acadou tres recoñecementos: o Segundo Premio Deputación da Coruña aos Valores, o Segundo Premio ao Deseño do Robot e o Premio ao Comportamento do Robot.

O equipo de Ribeira días antes da competición desenvolvida no Campus de Ferrol

O reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, e a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, foron os encargados de entregarlles os trofeos e diplomas aos dous equipos gañadores. Con todo, no acto de entrega de galardóns tamén participaron a concelleira de Educación, Universidade e Política Lingüística do Concello de Ferrol, Patricia Cons; o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez; a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia, Margarita Ardao; o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (Icoiig), Julio García Cordoné; o presidente de Ingenier@Soy, Javier Butragueño; o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz; o representante de Gabadi, José Luis Manso; a responsábel de Marketing de PuntoGal, Cristina Ríos, ou a alcaldesa do Concello de Narón, Marián Ferreiro, entre outras autoridades.

A Universidade da Coruña, a través do Campus Industrial e da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, e en colaboración con ingeniera.soy, organizou a décima edición da FLL Galicia, un campionato no que participaron un total de 43 equipos (25 na categoría FLL Challenge, 16 na FLL Explore e 2 na FLL Discover), máis de 300 mozos e mozas de toda Galicia e preto de 100 voluntarios e voluntarias. O evento, coordinado polo profesor José Antonio Becerra Permuy, puido seguirse en directo a través da canle de You Tube da FLL Galicia.


O reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, entregou o Primeiro Premio Ingeniera Soy ao Gañador aos e ás integrantes do equipo G4Z4F4NT4SM4S, da escola multidisciplinar Gazapo de Narón

Como cada ano, colaboraron nesta iniciativa a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego (dependente da Consellaría de Promoción do Emprego e Igualdade), a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ferrol. Ademais, patrocinan a FLL Galicia a empresa Gabadi SL, o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), Gadis, ERROR! Ferrol, PuntoGal, Neodyn e Todo Ocio.


A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, entregou o Segundo Premio Universidade da Coruña ao Gañador aos e ás integrantes do equipo Elementals da Acadamia Captioma de Ourense.

Palmarés

Primeiro Premio Ingeniera Soy ao Gañador – G4Z4F4NT4SM4S, Gazapo Xestión (Narón, A Coruña)

Segundo Premio Universidade da Coruña ao Gañador – Elementals, Captioma Galicia (Ourense)

Primeiro Premio Concello de Ferrol aos Valores FIRST – Las Acacias BOT, Colexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra)

Segundo Premio Deputación da Coruña aos Valores FIRST – MEGA RIBEIRA SUPER LEGO, MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)

Primeiro Premio Xunta de Galicia ao Proxecto de Innovación – Os robots do pazo, IES de Fene (Fene, A Coruña)

Segundo Premio ICOIIG ao Proxecto de Innovación – PINTUZ4POS, Gazapo Xestión (Narón, A Coruña)

Primeiro Premio ao Deseño do Robot – MontecasteloBOT, Colexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra)

Segundo Premio ao Deseño do Robot – MEGA BUILDER TEAM, MEGA Ribeira (Ribeira, A Coruña)

Premio ao Comportamento do Robot – MEGA BUILDER TEAM, MEGA Ribeira (Ribeira, A Coruña)

Premio Gabadi á Execelencia en Enxeñaría – ROBTIGUEIRA, IES de Ortigueira (Ortigueira, A Coruña)

Premio PuntoGal ás Novas Promesas – CTRL+T, IES As Telleiras (Narón, A Coruña)

Premio ao adestrador/a – Teresa Cercido Galdo de CTRL+T

Nominación National Innovation Award – Os robots do pazo, IES de Fene (Fene, A Coruña)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Arcilla, no fango”. Alberto Barciela

“Arcilla, no fango”. Alberto Barciela

La vida es un acto individual que hemos de compartir necesariamente si queremos otorgarle sentido, una lógica. Seguir en soledad sería retroceder, asumir una vida sin sentido, sin convivencia, sin participación. Lo sensato es encontrar un hueco en la zona de consenso....