Unha fronte fría, asociada a unha borrasca centrada ó suroeste de Irlanda, atravesará Galicia durante este día, deixando ceos con abundantes nubes e chuvias, máis frecuentes pola mañá no oeste e pola tarde nas provincias do leste.
As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mentres que as máximas sufrirán un descenso entre moderado e notable, acadando valores baixos para a época do ano, 12/17 graos. Os ventos soprarán pola mañá do suroeste, moderados, rolando a oeste e mesmo noroeste ó paso da fronte.

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e do noroeste á tarde e á noite, forza 4 a 5. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



