Rois solicita a Medalla de Bronce da Orde de Isabel a Católica para a sarxento Almudena Fernández Alborés

12 Maio 2024

A proposta aprobada en pleno destaca a iniciativa, entrega, profesionalidade e implicación da sarxento da Benemérita en beneficio da comunidade

O Concello de Rois, liderado polo alcalde e o Partido Popular, decidiu solicitar ao Goberno central que conceda a Medalla de Bronce da Orde de Isabel a Católica á sarxento Almudena Fernández Alborés, comandante do posto da Garda Civil de Padrón.

Almudena Fernández Alborés foi designada sarxento comandante do posto da Garda Civil de Padrón en 2020, converténdose na primeira muller en desempeñar este cargo na comarca do Sar. En recoñecemento ao seu labor, en 2023 foi condecorada coa Medalla ao Mérito da Garda Civil distintivo verde.

A proposta, aprobada en pleno, destaca a “iniciativa, entrega e profesionalidade” da sarxento, resaltando o seu impecable desempeño en todas as súas funcións, independentemente do tempo dedicado.

Así mesmo, sublíñase a súa valiosa intervención durante o incendio ocorrido o pasado 22 de abril nas parroquias de Herbogo e Buxán, onde tanto a sarxento como o persoal da Garda Civil participaron activamente nos labores de extinción, garantindo a seguridade das persoas en todo momento.

Ademais, grazas á súa implicación, o cuartel de Padrón contará con dous novos gardas civís a partir do próximo mes de setembro, o que mellorará a seguridade na comarca do Sar.

Na solicitude da Medalla de Bronce, destácanse tamén as habilidades conciliadoras da sarxento para resolver conflitos entre veciños.

O Concello de Rois considera que os méritos de Almudena Fernández Alborés “benefician á nosa comunidade e ao conxunto da nación”, polo que solicitan ao Ministerio de Asuntos Exteriores esta condecoración.

A proposta, apoiada polo PP (7 votos a favor), contou coa abstención do BNG (1 voto) e o voto en contra dos edís do PSdeG (2 votos), quen suxeriu a Medalla ao Mérito Civil en lugar da de Isabel a Católica.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...