Cultura de Outes convoca a edición XXVIII do Certame de Poesía Francisco Añón (prazo aberto até o 1 de abril)

14 Febreiro 2024

A Área de Cultura do Concello de Outes, ao abeiro dos seus obxectivos de “promover os valores creativo-literarios na nosa lingua” organiza o XXVIII Certame de Poesía Francisco Añón, histórico e prestixioso concurso creativo leva o nome do máis ilustre literato do concello, Francisco Añón, autor do Rexurdimento e un dos precursores da lingua galega.

Poderán participar nel todas as persoas que o desexen e que presenten os seus traballos en lingua galega. O prazo de presentación remata o 1 de abril.

Haberá seis categorías:

Establécense as seguintes categorías e premios por idades:

-Categoría A: Nenas e nenos de 6 a 7 anos.

1º Clasificado: vale de 150 euros en libros e publicación da obra galardoada.

Accésit: publicación da dobra.

-Categoría B: Nenas e nenos de 8 a 9 anos.

1º Clasificado: vale de 180 euros en libros e publicación da obra galardoada.

Accésit: publicación da obra.

-Categoría C: para nenas e nenos de entre 10 e 11 anos.

1º Clasificado: vale de 210 euros en libros e publicación da obra galardoada.

Accésit: publicación da obra.

-Categoría D: para rapazas e rapaces de entre 12 e 14 anos.

1º Clasificado: vale de 240 euros en libros e publicación da obra galardoada.

Accésit: publicación da obra.

-Categoría E: mozas e mozos de 15 a 17 anos.

1º Clasificado: transferencia bancaria por valor de 480 euros e publicación da obra.

Accésit: publicación da obra.

-Categoría F: maiores de 18 anos.

1º Clasificado: transferencia bancaria por valor de 1.500 euros e publicación da obra gañadora.

Accésit: publicación da obra.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.