A enxeñeira e labrega Carme Freire achegará un novo curso práctico de poda en Outes

07 Febreiro 2024

O Concello de Outes vai organizar esta tempada un novo curso práctico de poda. A actividade formativa, ideal para quen queira ampliar os seus coñecementos en horticultura e agricultura, celebrarase o vindeiro 2 de marzo, a partir das 10.00 horas, no Centro Social de Outes.

O curso será impartido pola labrega, formadora, asesora agroecolóxica e enxeñeira agrónoma Carme Freire Cruces.

As inscricións poden facerse dende este mércores 7 de febreiro no Centro Social de Outes.

A actividade vén da man do Concello de Outes e o seu obxectivo é “achegar á veciñanza coñecementos básicos e prácticos sobre como mellorar a floración e aumentar a produción de froitas e flores das súas árbores.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.