A Fundación Rosalía de Castro e Política Lingüística repartirán 20.000 escolmas da poeta galega con cada libro en galego que merquemos até o 3 de marzo

06 Febreiro 2024

Este luns 6 de febreiro presentáronse en Padrón as actividades (culturais e tamén gastronómicas) da edición 2024 do Día de Rosalía (este 23 de febreiro), impulsadas pola Fundación Rosalía de Castro que preside o dodrense Anxo Angueira e a Fundación Xistral, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Na cita participaron, entre outros/as, o propio Anxo Angueira e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Entre as novidades da axenda inclúese unha campaña de promoción do libro en galego pola que se repartirán 20.000 escolmas da autora de Follas Novas.

Na presentación, García saudou esta nova iniciativa “coa que non só celebramos e enxalzamos a figura de Rosalía, referente para todas e todos os galegos, senón que chamamos á sociedade a ler na lingua propia, algo no que Rosalía foi precursora no seu tempo”. Deste xeito, cada persoa que merque un libro en galego entre o 6 de febreiro e o 3 de marzo recibirá como agasallo un exemplar de Celebramos Rosalía, unha escolma de textos rosalianos realizada por Anxo Angueira.

A campaña conta coa colaboración da Federación de Libreiros de Galicia, A Asociación de Editoras, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e El Corte Inglés.

Na rolda de prensa, que acolleu como de costume a Casa-Museo da autora, tamén participaron Carlos Blanco, responsábel da Fundación Xistral; Anxo Arca, alcalde de Padrón, e os representantes da Asociación de Gaiteiros.

Lecturas, alborada e Caldo de Gloria

Doutra banda, os actos oficiais para o día 23 estarán repartidos como é habitual entre Santiago e Padrón, lugares de nacemento e pasamento da homenaxeada, respectivamente. A celebración comezará ás 10,00 horas coa lectura de poemas por parte do alumnado dos institutos IES Camilo José Cela e IES Macías O Namorado diante da Estatua de Rosalía, en Padrón. De aí, os festexos trasladaranse a Santiago, onde ás 11,00 horas haberá alborada cos Carapaus e ofrenda floral na praza de Vigo, preto de onde naceu Rosalía hai 187 anos.

O acto central do día terá lugar ás 12,00 horas no Hostal dos Reis Católicos, na Praza do Obradoiro, onde se realizará unha lectura de poemas seguida dunha actuación dos Carapaus, a cantante Faia, integrante de De Vacas, e o alumnado da Escola de Música de Santiago.

Xa pola tarde, a Casa de Rosalía volverá acoller unha nova edición do Caldo de Gloria da man de Suso, responsábel do restaurante compostelán O Dezaseis, e a cantante Uxía, que ofrecerán a súa versión da famosa receita de Rosalía aos presentes.

Ademais, ao Caldo de Gloria xa se sumaron numerosos hostaleiros e comedores escolares, así como concellos e empresas de toda a xeografía galega. Para iso, a Xunta, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro, repartiu 60.000 manteis de papel co poema que inspirou esta iniciativa, Miña casiña, meu lar, no que a poeta explica como facer un caldo humilde.

O broche final a un día de celebracións poñerao a cantora Faia cunha actuación no auditorio da Casa-Museo ás 20,00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.