Marlaska solidarízase en Noia co sector do marisqueo, afectado por grandes e graves perdas de produción

05 Febreiro 2024

O ministro do Interior do Goberno de España, Fernando Grande-Marlaska, participou este luns 5 de febreiro nunha reunión coa Confraría de Noia para tratar o cese de actividade que sofre o sector marisqueiro nesta zona. Participaron tamén na reunión a cabeza de lista ás eleccións autonómicas na provincia Patricia Iglesias, o número 2 da candidatura Julio Abalde, a candidata boirense María Outeiral, o voceiro socialista local Francisco Pérez e outros cargos públicos e orgánicos do PSdeG.

“Podemos cualificar a situación do marisqueo en Noia de alarmante, con 1.500 familias afectadas directamente, ademais de todo o seu entorno”, declarou Marlaska, manifestando “o compromiso do Goberno de España con Noia” e comprometéndose a trasladar ao Executivo a situación de urxencia e de necesidade na que vive o sector local, “que precisa dunha solución urxente a unha problemática extraordinaria, que non se dera antes anteriormente nesta zona”. E engadiu: “Hai que traballar con todos os intereses económicos na zona para que non se vexa afectada esta actividade tan importante para a comarca que é o marisqueo; é preciso que poidan convivir diferentes realidades económicas e que existan os protocolos de actuación necesarios”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.