A xustiza apoia delimitar as zonas para a extracción de mexilla

01 Febreiro 2024
TVG

Revés para os bateeiros. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso presentado polo sector contra a delimitación das zonas para a extracción da cría de mexillón.

A sentenza da a razón á Consellería do Mar xa que considera correctos os plans de xestión de recursos que marca áreas de exclusión para protexer ao percebe e o seu equilibrio coa mexilla.

Os percebeiros consideran xusta a decisión xudicial e agardan que supoña a fin do clonflito cos bateeiros. 

“Nós (os percebeiros) non podemos sementar nin intentar crialo (o percebe) doutra maneira, isto é algo natural. En cambio eles (os bateeiros) teñen moitas maneiras como colectores e aínda poden ter outra solución. Entón nós cremos que isto é o que vai dar solución non só á nosa parte senón tamén á deles, por suposto”, di José Antonio Santamaría, patrón maior da confraría de Aguiño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.