Con motivo da celebración do Día de Rosalía, o 23 de febreiro, o Concello de Boiro organizou unha excursión cultural á vila da autora de Follas Novas, Padrón, para este sábado 3 de febreiro con saída da contorna do parque da Cachada, concretamente na parada de bus a partir das 9.00 horas. A viaxe cultural, que xa ten as prazas cubertas, inclúe un roteiro rosaliano por Padrón (guiado por Manuel Lorenzo Baleirón) e a partir do mediodía unha visita teatralizada con Os Quinquilláns pola Casa de Rosalía. A axenda de actividades proseguirá logo do xantar (no Restaurante Scala) cunha visita ao Convento de Herbón. O regreso a Boiro está fixado para as 18.00 horas.




