A influencia das altas presións marcará a xornada deste venres 9, San Dionisio, garantindo un tempo seco e moi estable na contorna de Santiago de Compostela e nas Rías Baixas.
Nas Rías Baixas, a xornada caracterizarase polos ceos despexados desde primeiras horas, con só algunha nube de tipo alto cara á segunda metade do día que deixará o ceo lixeiramente velado.
Na comarca de Santiago e os seus vales, o día espertará con brumas e bancos de néboa matinais propios do interior, que irán desfacéndose a medida que avance a mañá. A partir de aí predominarán os ceos amplamente despexados, con presenza de intervalos de nubes altas durante a tarde que non impedirán o paso do sol.
En canto aos termómetros, as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, deixando un amencer algo máis fresco tanto na capital galega como na costa. Pola contra, as temperaturas máximas tenderán a subir de forma suave, favorecendo unha tarde de ambiente moi tépedo e agradable.(máximas 21 a 24 graos).
O vento soprará de compoñente norte-nordés, con intensidade frouxa en xeral no interior e en Santiago, mentres que no litoral das Rías Baixas acadará intervalos moderados.

O noso mar; Vento do nordés á mañá, do norte á tarde e do norte á noite, forza 2 a 4 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 0 a 1 metros á tarde e á noite.



