O fotógrafo noiés Toño Villar, nomeado aos Premios Internacionais Luces de Granada

08 Outubro 2026

O fotógrafo Toño Villar foi nomeado nos Premios Internacionais Luces de Granada. A obra seleccionada compite na categoría de Gráfico e suma un novo recoñecemento a unha traxectoria que nos dous últimos anos recibiu diversas distincións nacionais e internacionais. O nomeamento supón un novo recoñecemento para o fotógrafo noiés con estudio propio en Bertamiráns (Ames), que acadou un 2026 destacado no ámbito dos certames fotográficos, e súmase aos tres nomeamentos obtidos recentemente nos Premios Nacionais Quijote de Fotografía, dúas delas en Paisaxe e Natureza e unha en Reportaxe Gráfica.
 
A selección en Luces de Granada volve poñer o foco precisamente sobre unha das vertentes máis privadas do seu traballo: a fotografía documental e a capacidade de construír imaxes a partir de situacións reais.
 
Aínda que a súa actividade profesional está principalmente vinculada á fotografía de voda e retrato, Villar desenvolve paralelamente traballos de paisaxe, natureza e fotografía documental, disciplinas que considera fundamentais tamén na evolución da súa linguaxe fotográfica.
 
Ese ano, dúas obras de Toño Villar foron distinguidas nos Tokyo International Foto Awards (TIFA) cunha Medalla de Bronce e unha Mención de Honra. En 2026, outra das súas fotografías recibiu ademais unha Mención de Honra nos International Photography Awards (IPA).
 
A estes recoñecementos internacionais súmanse diferentes galardóns e nomeamentos obtidos anteriormente en España, alén de dúas obras distinguidas como Colección de Honra.
 
O fallo dos Premios Internacionais Luces de Granada determinará agora se a obra nomeada consegue finalmente un dos galardóns do certame.

Sobre Toño Villar

Toño Villar está especializado principalmente en fotografía de voda e retrato, pero desenvolve tamén traballos de fotografía comercial, arquitectura e deporte, xunto a unha produción privada centrada especialmente en paisaxe, natureza e fotografía documental.
 
Nos dous últimos anos o seu traballo foi recoñecido cunha Medalla de Bronce e unha Mención de Honra nos Tokyo International Foto Awards, unha Mención de Honra nos International Photography Awards, tres nomeamentos aos Premios Nacionais Quijote de Fotografía e, agora, un nomeamento aos Premios Internacionais Luces de Granada. 

Outros artigos

Ceos despexados á meirande parte de Galicia este xoves

A influencia anticiclónica afiánzase sobre a comunidade galega durante a xornada deste xoves, condicionada por unha marcada circulación de vento de compoñente nordés. Esta configuración meteorolóxica deixará un panorama xeral de tempo seco e solleiro na maior parte do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Jubiladas-os, vuestra es la voz” – Manuel Domínguez

“Jubiladas-os, vuestra es la voz” – Manuel Domínguez

¡Jubiladas-os, vuestra es la voz! Empiezo en femenino por atención a las mujeres fieles que cada día, me regalan su opinión sobre mis escritos. Sufridoras de este sistema corrupto, miedo a lo que vendrá. Dame la mano y caminemos juntos. En España hay 10 millones de...

“Francia examina a sus políticos”. José Castro López

“Francia examina a sus políticos”. José Castro López

Estuvo en España Emmanuel Macron y, al hilo de su visita, es procedente recordar lacapacidad de Francia para marcar tendencias más allá de sus fronteras. La Ilustraciónsentó las bases de la democracia moderna, la Revolución Francesa precipitó el final delabsolutismo y...

O Barbanza

Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.