Ribeira reforza a seguridade viaria na contorna de tres colexios ante o inicio de curso

06 Setembro 2026

O Concello renovou a sinalización horizontal e instalou novos badéns para calmar o tráfico preto do Leliadoura, Bayón e O Grupo.

Co inicio do curso escolar 2026-2027 ás portas, o Concello de Ribeira vén de executar diversas actuacións para reforzar a seguridade viaria nos arredores de varios centros educativos do municipio. Os traballos centráronse nas inmediacións dos colexios Leliadoura, Bayón e O Grupo, espazos que concentran unha intensa afluencia de vehículos e peóns durante as xornadas lectivas.

As intervencións consistiron principalmente no repintado integral da sinalización horizontal, acometido tras a recente pavimentación das vías situadas na área de influencia destes recintos. De xeito complementario, na parte posterior de O Grupo procedeuse á instalación de badéns redutores de velocidade para frear a circulación dos automóbiles e garantir un tránsito peonil máis seguro.

A alcaldesa, María Sampedro, destacou a importancia destas medidas preventivas: “A seguridade é unha prioridade para este goberno municipal, especialmente na contorna dos centros de ensinanza; espazos que rexistran un gran volume de transeúntes e de vehículos nas horas de entrada e de saída”. A rexedora subliñou tamén que a iniciativa busca sobre todo protexer á rapazada mediante o calmado do tráfico nestes puntos estratéxicos da localidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.