Proseguen na Barquiña os traballos do Concello para achegar unha rede integral de saneamento

16 Setembro 2026

Avanza a semana e proseguen os traballos impulsados polo Concello de Noia (a través da Brigada Municipal de Obras) para dotar de saneamento varias vivendas unifamiliares da Barquiña que ata agora non dispoñían deste servizo.

Esta actuación forma parte dun programa máis amplo e integral do Concello para estender a rede municipal ao maior número posíbel de vivendas e, ao mesmo tempo, corrixir deficiencias existentes.

Un dos obxectivos destes traballos é avanzar na correcta separación das augas pluviais e fecais, de feito segundo recoñeceron recentemente as Brigadas, na zona detectáronse conexións de augas residuais á rede de pluviais que agora se irán corrixindo para garantir que as augas pluviais discorran pola rede que lles corresponde, e as augas fecais sexan conducidas á rede de saneamento e, finalmente, á depuradora.

“Son actuacións que moitas veces quedan baixo terra e non se ven, pero que son fundamentais para mellorar os servizos básicos, evitar vertidos e avanzar cara a unha rede de saneamento máis eficiente e axeitada”, informou o Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.