O proxecto do centro de día de Rianxo prepara o camiño para a licitación definitiva das obras

10 Setembro 2026

O proxecto de construción do centro de día de Rianxo nas dependencias do Pazo de Rianxiño recibiu este xoves 10 de setembro un novo impulso. Fíxoo nunha sesión extraordinaria do pleno da Corporación, na que se acordou unha última modificación necesaria no proxecto para, a continuación, asinar o convenio de colaboración coa Deputación da Coruña e licitar as obras.

Como lembraremos, a Corporación de Rianxo aprobou inicialmente en outubro do 2025 (cos votos a favor do grupo do Goberno, do Partido Popular e do BNG) o proxecto técnico para a construción do centro de día nas dependencias do Pazo de Rianxiño, así como a solicitude de cofinanciamento á Deputación de Coruña para facerlle fronte as obras.

As actuacións a levar a cabo consisten fundamentalmente en dotar o espazo anexo ao edificio histórico dunha nova distribución, con espazos mellor iluminados e accesíbeis. Contará con 360 metros cadrados de superficie útil e con todas as prestacións necesarias para a posta en funcionamento do servizo.

O proxecto foi redactado co asesoramento de persoal experto neste tipo de equipamentos e xa obtivo a autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Trátase “dun recurso sociosanitario fundamental, xunto coa residencia de maiores, para o que vimos traballando dende o primeiro segundo da lexislatura e que está cada vez máis preto”, sinalou o alcalde Julián Bustelo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.