O pleno de Boiro acorda destinar o POS+ adicional á ampliación do complexo da Cachada e a renovar o Campo de Vista Alegre

18 Setembro 2026

O Concello de Boiro celebrou este xoves día 17 ás 20.00 horas o pleno ordinario da Corporación correspondente ao mes de setembro. A sesión, que pode verse íntegra na canle municipal de YouTube, saldouse con importantes acordos como os dous proxectos propostos polo grupo de Goberno para participar no POS+ adicional da Deputación da Coruña, que tivo os votos a favor do PSOE, o PP e Boiro Novo.

A cantidade designada polo POS+ Adicional ao Concello é de 954.642,25 euros, que se vai investir en dous proxectos de obras. Por unha banda o Concello propuxo o proxecto de ampliación das salas fitness no Complexo Deportivo da Cachada, cun importe de 455.542,92 euros. Pola outra o Executivo incluíu a renovación do céspede de herba artificial e mellora da cuberta das gradas no Campo de Fútbol de Vista Alegre. Esta actuación ascende aos 362.998,26 euros. O importe restante da suma deses proxectos, 136.101,07 euros, destinarase ao gasto corrente.

  1. Aprobación da acta da sesión do 23 de xullo de 2026 – aprobación con 12 votos a favor (PSOE, BNG e Boiro Novo) e 5 abstencións (PP).
  2. Solicitude de participación no POS+ adicional 2/2026 – aprobación con 15 votos a favor (PSOE, PP e Boiro Novo) e 2 abstencións (BNG).
  3. Aprobación definitiva do suplemento de crédito 3/2026 – aprobación con 14 votos a favor (PSOE e PP), 2 abstencións (BNG) e 1 voto en contra (Boiro Novo).
  4. Crédito extraordinario 3/2026 – aprobación con 9 votos a favor (PSOE), 7 votos en contra (PP e BNG) e 1 abstención (Boiro Novo).
  5. Moción do grupo municipal de Boiro Novo/mixto para a mellora das condicións laborais das traballadoras do servizo de axuda no fogar (SAF) – rexeitado con 8 votos a favor (PP, BNG e Boiro Novo) e 9 votos en contra (PSOE).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.