O Concello de Ribeira aproba o martes de Entroido e o día da Dorna como festivos locais para o vindeiro ano

10 Setembro 2026


A Corporación municipal de Ribeira celebrou un Pleno extraordinario na tarde do xoves, 10 de setembro, que tivo como único punto na orde do día a determinación dos festivos locais para o ano 2027, coa proposta do martes de Entroido e o día da Dorna, que saíu adiante por unanimidade.

Unha vez a Xunta de Galicia determinou os festivos autonómicos e remitiu aos concellos as peticións dos festivos locais, a Alcaldía de Ribeira convocou esta sesión extraordinaria coa finalidade de ditaminar as festividades que xa se acordaran no pleno ordinario do mes de xuño.

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, destacou que “cremos que estas datas coinciden ben no calendario do vindeiro ano para Ribeira. O martes de Entroido axudará a dinamizar social e economicamente o municipio nunha época máis baixa ao cadrar no inverno, mentres que a Dorna forma parte da identidade do municipio e está declarada Festa de Interese Turístico Galego”.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.