O BNG de Rianxo reclama ao Concello o arranxo da ponte da praia da Torre

07 Setembro 2026

O BNG de Rianxo reclama novamente ao Concello e ao alcalde o arranxo do paseo de madeira que leva á praia da Torre. Segundo a agrupación, trátase “dunha actuación que a formación nacionalista leva tempo demandando e que continúa sen realizarse agora que xa rematou o verán”. Tamén sinalan que reiteraron as advertencias sobre a necesidade de acometer a reparación desta pasarela antes da chegada dos meses estivais, “precisamente pola maior afluencia de persoas á zona e polo incremento do uso do paseo, situado xunto á praia da Torre”.

Porén, indican, “pasaron todos os meses de verán e o paseo continúa sen ser reparado”, mantendo unha situación que, segundo denuncia o portavoz Fran Rei, “pode supoñer un risco para as persoas que o utilizan”.

E engaden: “O Concello sabía desde hai tempo do estado desta pasarela e tamén sabía que durante o verán sería cando maior uso tería. Por iso reclamamos que se actuase con previsión e se priorizase o seu arranxo antes da temporada estival. Especialmente cando o deterioro da madeira pode provocar caídas ou outros percances entre as persoas usuarias”, en palabras do edil nacionalista, José Vázquez.

Por estes motivos, o BNG de Rianxo volve reclamar ao alcalde e ao Concello que “procedan canto antes ao arranxo integral da pasarela, garantindo que esta poida ser utilizada nas condicións adecuadas de seguridade”.

“Rematou o verán, pero o problema segue aí. Levamos meses reclamando o arranxo e volvemos esixir ao Concello que actúe e repare dunha vez o paseo da Torre”, conclúen.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.