Este sábado 19 de setembro a Área Recreativa do Artón en Esteiro acolle o Día da Bicicleta, organizada pola Asociación Os Salta Rejos de Esteiro coa colaboración do Concello de Muros.
As actividades comezarán ás 10:30 horas cunha xincana. Ás 11:30 horas ruta ata Silvosa (5 quilómetros ida e outros 5 de volta).
“Trátase dunha gran iniciativa por parte da Asociación Os Salta Rejos de Esteiro, unha xornada familiar para desfrutar da bicicleta”, asegura Damián Torea, concelleiro de Deportes.
Colaboran o persoal de Obras do Concello, a Policía Local e o GES de Muros.




