A Secretaría da Lingua realizará novas probas para obter os certificados de lingua galega entre o 14 e o 22 de novembro

16 Setembro 2026

A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia as datas para a realización dos novos exames que permiten obter os certificados oficiais que acreditan o coñecemento da lingua galega e que se celebrarán entre o 14 e 22 de novembro en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid.

Trátase da segunda convocatoria que a Secretaría Xeral da Lingua (Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude) efectúa este 2026, tras as probas realizadas entre o 23 de maio e o 6 de xuño. Neste caso, tamén se centran nos niveis CELGA máis solicitados, que son o 2, o 3 e o 4.

O obxectivo é “continuar favorecendo o coñecemento e emprego do galego en toda a sociedade e, especialmente, entre aquelas persoas non nacidas en Galicia ou que non tiveron este idioma como lingua materna, impulsando o interese por el”.

No caso das probas para a obtención do CELGA 4, a convocatoria estableceuse para os días 14 e 15 de novembro tanto en Santiago de Compostela, como en Ponferrada e Madrid.  Pola súa banda,  as datas das probas dos niveis 3 e 2 quedaron fixadas para os días 21 e 22 dese mesmo mes, respectivamente, nas tres cidades. No caso, do grao 1, tivo lugar só en Santiago de Compostela o pasado 6 de xuño.

As listaxes das persoas solicitantes admitidas en cada unha das probas poden ser consultadas no Portal da Lingua Galega. En todas elas, a hora de comezo dos exames será ás 9,00 horas. No caso de Santiago de Compostela, realizaranse no instituto Antón Fraguas para os niveis 4, 3 e 2, mentres que para o CELGA 1 será na Escola Galega de Administración Pública. En Ponferrada, celebraranse as probas na Escola Oficial de Idiomas, mentres que en Madrid os exames serán na Casa de Galicia.

A través desta nova convocatoria, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude quere manter o seu “compromiso coa promoción da lingua e a cultura galegas e o seu achegamento a outros territorios, dando así a oportunidade a que cada vez máis persoas poidan obter esta certificación”. No marco do impulso do uso do idioma e do proceso iniciado baixo o Pacto pola Lingua, a Administración autonómica tamén está a poñer en marcha outras iniciativas como cursos previos para a preparación dos exames ou materiais didácticos gratuítos, dispoñíbeis todos eles para a súa consulta no Portal da Lingua Galega.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Los niños del 60, y los de hoy”. Manuel Dominguez III

“Los niños del 60, y los de hoy”. Manuel Dominguez III

En aquella década todos los niños acudíamos el sábado a la vieja tienda de la vieja señora, a comprar los tebeos del Capitán Trueno o Jabato o Hazañas bélicas. Intercambiamos los cuentos para leer más. Leer era un placer, cuasi una devoción, los nietos de aquella...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.