A parroquia ribeirense de Oleiros desfrutará das súas festas do verán do 4 ao 6 de setembro

02 Setembro 2026

Malia ser setembro xa, as festas seguen sucédense en Ribeira. Desta vez na parroquia de Oleiros que está de celebración do 4 ao 6 de setembro da man do Concello de Ribeira, coa colaboración da comunidade de montes. Ademais dos oficios relixiosos, haberá a tradicional festa da empanada, música e sesión infantil, no campo da festa. O concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes, e un dos edís por esta parroquia, Eladio Muñiz foron os encargados de presentar o evento.

“En Ribeira estamos a piques de despedir o verán, pero continúa imperando o ambiente festivo e Oleiros celebrará as súas festas do verán con actividades para tódalas idades. Así, cada parroquia e lugar do noso municipio enxalza a súa tradición e identidade”, en palabras de Abraldes. O edil aclarou que este ano non hai comisión de festas por motivos laborais dos seus anteriores integrante, polo que a Administración local asume de maneira “extraordinaria” a
organización das festas para “garantir que tódolos lugares de Ribeira desfruten dos seus festexos”.

O cartel comezará no venres, 4 de setembro, dedicado a San Roque coas bombas de palenque e misa solemne, ás 12.30 horas. As actividades repetiranse no día seguinte, sábado, 5 de setembro, dedicado á Virxe do Carme, novamente con bombas de palenque e misa solemne, ás 12.30 horas. O groso da rogramación concéntrase no domingo, 6 de setembro, festa do Santísimo. As bombas de palenque e a alborada do grupo de gaitas Xiada marcará o inicio da derradeira xornada, ás 11.00 horas. Despois, ás 13.00 horas, terá lugar o oficio na honra do Santísimo Sacramento e procesión acompañada musicalmente por Xiada. Cara o momento do xantar, ás 14.00 horas, será o momento de degustar a empanada e haberá sesión vermú amenizada por Leite Con Jalletas. Xa pola tarde, a rapazada será a protagonista coa sesión infantil con inchables, das 17.00 horas en diante.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.